San Xoán de Ortoño organiza un concerto solidario

Publicado por Javier de Montse CCaná El 27 marzo 2014 0 comentarios


     Cáritas parroquial de San Xoán de Ortoño en colaboración co Concello de Ames, organizou para este sábado, 29 de marzo, un concerto solidario do grupo arxentino +Tango. A cita será ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. 
    A través desta iniciativa preténdese recadar fondos cos que axudar ás persoas máis necesitadas que atravesan unha difícil situación económica. As entradas teñen un custo de 5 euros e poden recollerse no local parroquial de Cáritas (situado na rúa Poeta da Maia, número 1, en Bertamiráns), na igrexa parroquial de Ortoño e na capela da Virxe Peregrina.    Ademais, as entradas tamén se poderán mercar na Casa da Cultura de Bertamiráns xusto antes do comezo do espectáculo. Existe unha Fila 0 para todas as persoas que non poidan acudir ao concerto.

0 comentarios por San Xoán de Ortoño organiza un concerto solidario