"Entón moveuse unha luz cara a nósdaquela esfera de onde saíu a primicia
que dos seus vigairos deixou Cristo;
e a miña dama, chea de alegría, díxome:
Mira, mira... velaí o varón
por quen alá abaixo
Galicia se visita.
Rindo entón Beatriz, dixo:
Ínclita vida, por quen a largueza
da nosa basílica quedou escrita,
fai resoar a esperanza nesta altura:
ti sábelo, que tantas veces a tes figurado,
cantas Xesús aos tres mostrou máis xentileza.
Ergue a testa e fai que te asegures.
Esperanza, dixen eu, é un agardar atinado
da gloria futura, que produce
a graza divina e os méritos previos.
De moitas estrelas vénme este lume;
mais quen o destilou no meu corazón primeiro
foi o supremo cantor do condutor supremo"

























































