Rastrillo SOLIDARIO en S. Xoán de Ortoño

Publicado por Javier de Montse CCaná El 27 octubre 2013 0 comentarios

Durante esta fin de semana Cáritas parroquial de San Xoán de Ortoño organiza un rastrillo solidario co obxectivo de recadar fondos cos que axudar a todas aquelas persoas que atravesa nunha difícil situación económica ou á veciñanza amiense que dispón de menos recursos. Este rastrillo solidario desenvolverase o sábado 26 e o domingo 27 no local parroquial de Ortoño sito en Bertamiráns na rúa Poeta da Maía, número 1 baixo. Neste mercadiño venderase roupa sen estrear e roupa de 2ª man en moi bo estado, tanto para nenos/as coma para homes e mulleres. Tamén se porán a venda complementos como zapatos e bolsos. A maioría dos prezos irán dende 1 ata os 5 euros. Aínda así, haberá algunha prenda que custará 10 euros.
O horario de apertura será este sábado e domingo dende as 10:00 h ata as 21:00 horas, de forma ininterrompida. 

Esta iniciativa está dirixida tanto ás persoas que dispoñen de poucos recursos e desexen comprar roupa a baixo prezo coma a aquelas persoas que queiran colaborar neste proxecto aportando unha axuda a cambio da compra dunha peza de roupa ou dalgún complemento que necesite. Os fondos recadados irán destinados a Cáritas parroquial San Xoán de Ortoño para comprar alimentos e doalos a persoas que carecen de recursos económicos. Tamén se destinarán a pagar os recibos de suministro de luz, gas ou auga, así como recibos de aluguer de vivenda de aqueles veciños/as que están sen traballo… 
Convencido de que compartir fainos ben e recordando a ensinanza da Nai Teresa de Calcuta: «Non pechen as portas aos pobres; porque os pobres, os apestados, os caídos na vida, son como o mesmo Xesús»., o Equipo de Voluntarios de Caritas Ortoño mais eu invitamos a todos a pasar polo noso local parroquial esta fin de semana. 
José Luis Dorelle Iglesias, Párroco de Ortoño

0 comentarios por Rastrillo SOLIDARIO en S. Xoán de Ortoño