De Melide a Beluso

Publicado por Javier de Montse CCaná El 11 julio 2012 0 comentarios
Chegaron o luns á Rectoral de Beluso (Bueu). Son dezaseis rapaces e rapazas, de 13 a 20 anos. Pertencen ás parroquias de  Baltar, Golán, Orois e  Rendal, na zona de Melide, Diocese de Lugo.
É a primeira vez que, co seu cura, se lanzan á experiencia de facer comunidade -Igrexa- vivindo unha semana de convivencia. D. Rodrigo Rúa Iglesias, ademais de párroco destas e outras tantas parroquias, é Delegado Episcopal de Familia e Vida. Colaboran con Rodrigo: Vanesa (monitora de educación afectivo-sexual), Yolanda e Raquel (catequistas), e Ángeles, que é quen fai de comer. Nesta semana levan adiante un ciclo de educación afectivo-sexual. Ademais, fan os últimos preparativos da celebración do Sacramento da Confirmación o vindeiro 21 de xullo.

0 comentarios por De Melide a Beluso