Mañana, Domingo 15 de enero, la Iglesia celebra la Jornada Mundial del Emigrante y el Refugiado, con el lema “Nueva Evangelización y Migraciones” que nos invita a que salgamos al encuentro… y abramos puertas.

Non esquezamos que a emigración formou parte da nosa historia galega. Seguen vivos os recordos, os afectos e as emocións cando facemos memoria desta realidade. Tamén Deus o recorda ao pobo de Israel: "Amaredes o emigrante xa que fostes emigrantes no país de Exipto” (Dt 10, 19), indicándolles como tiñan que acoller aos que viñan doutros países. Xesús recordaranos que ao final dos nosos días se nos preguntará se demos hospitalidade ao forasteiro (Mt 25,35). Neste sentido, o Papa invítanos a que “as comunidades cristiás presten unha atención particular aos traballadores inmigrantes e ás súas familias, a través de acompañamento da oración, da solidariedade e da caridade cristiá; a valoración do que enriquece reciprocamente, así como a promoción de novos programas políticos, económicos e sociais que favorezan o respecto da dignidade de toda persoa humana, a tutela da familia e o acceso a unha vivenda digna, ao traballo e á asistencia”. O noso mundo debería ser unha casa común e habemos de esforzarnos para achegarnos a esta realidade.

Arcebispo Julián Barrio na Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado
Xaneiro 2011
0 comentarios por “Saiamos ao encontro... Abramos portas"
Publicar un comentario