Crónica da Semana do Diálogo Fe-Cultura

Publicado por Inma Tamayo El 19 enero 2013 1 comentarios
Con grande éxito crecente de público, nesta semana desenvolveuse no novo Salón Parroquial do número 260 da Avenida de Finisterre un ciclo de conferencias que tratou de maneira máis intensiva o tema que vimos tratando tódolos segundos mércores de mes na catequese para adultos da Parroquia.

O luns tivemos á profesora da Facultade de Arte de Santiago, dona María Dolores Fraga Sampedro, que se centrou na análise icónica da Capela “Redemptoris Mater” do Vaticano.
O martes tivemos ó doutor en Teoloxía Moral e experto en bioética, don José Ramón Amor Pan, que se centrou na ética das virtudes e nas teses do “Evangelum Vitae” aplicados a problemas morais presentes actualmente na nosa sociedade.

O mércores tivemos ó profesor de Electromagnetismo don Jorge Mira Pérez, coñecido pola xente polas súas aparicións en varios programas da Galega, catequista en Baio, que falou da expansión e da dirección do Universo así coma da xénese e polémicas da teoría do “Big Band”, na que participou un eclesiástico científico.

O xoves tivemos á especialista en música relixiosa e organista en varias parroquias da cidade (incluída a nosa), dona Sonia Vázquez González, que detallou os distintos cantos e instrumentos que hai que empregar segundo as partes da Misa, os Tempos Litúrxicos e os Sacramentos...

O derradeiro día, venres, a empresa Reni, a través dos seus técnicos, amosou as igrexas, casas reitorais e camposantos de referencia en Europa e os seus encargos destes últimos anos en Galicia.

Agradecémo-la participación do público e as axudas recibidas para a elaboración e difusión desta Semana intensa que terá continuidade. As fotos son xentileza moi amable de Sonia Vázquez e Félix Méndez, que tódolos días informaron a través da internet do desenvolvemento das conferencias.

1 comentarios por Crónica da Semana do Diálogo Fe-Cultura

  1. escribió:

    Carlos Platas Seixas Graciñas de corazón, no nome da Parroquia, pola publicación desta crónica no blog da Diócese.
    Graciñas especialmente a Manuel Blanco, Javier Rodríguez e Inma Tamayo polo seu apoio incondicional desde a Delegación de Medios de Comunicación a esta actividade.
    Un saúdo. Carlos.