+ Santa Susana +

Publicado por Javier de Montse CCaná El 11 agosto 2009 0 comentarios
.
. Moza romana do século III, parente do emperador Diocleciano e do Papa S. Caio. Non quixo casar con Maximino Galerio, viuvo da filla de Diocleciano. O emperador mandou prender a Susana e a Gabino, seu pai; despois de torturalos, cortoulle a cabeza a Susana.
.
. O Papa S. Caio -que de contado foi tamén mártir- fixo da casa de Susana unha igrexa. En Santiago están adicadas a Santa Susana una parroquia e unha capela da Catedral. En Hío, dáselle culto de xeito especial na capela de Vilanova, onde hai unha imaxe moi semellante á da Catedral de Santiago.

.(JFL en "Os nosos Santos")

0 comentarios por + Santa Susana +