+ ORAR e AMAR +

Publicado por Javier de Montse CCaná El 04 agosto 2009 0 comentarios
Fermosa obriga a do home: orar e amar
.. . . . . . . .
.
Considerádeo, meus filliños: o tesouro do home cristián non está na terra, senón no ceo. Por isto, o noso pensamento debe estar sempre orientado cara a alí onde está o noso tesouro. O home ten un fermoso deber e obriga: orar e amar. Se orades e amades, teredes achado a felicidade neste mundo.

A oración non é outra cousa que a unión con Deus. Todo aquel que ten o corazón puro e unido a Deus experimenta en si mesmo como unha suavidade e dozura que o embriaga, séntese como rodeado dunha luz admirable.

Nesta íntima unión, Deus e a alma son como dous anacos de cera fundidos nun só, que xa ninguén pode separar. É algo moi fermoso esta unión de Deus coa súa pobre criatura; é unha felicidade que supera a nosa comprensión.

Nós fixerámonos indignos de orar, pero Deus, pola súa bondade, permitiunos falar con el. A nosa oración é o incenso que máis lle agrada.

Meus filliños, o voso corazón é pequeno, pero a oración dilátao e faino capaz de amar a Deus. A oración é unha degustación anticipada do ceo, fai que unha parte do paraíso baixe ata nós.

Nunca nos deixa sen dozura; é como un mel que se derrama sobre a alma e adózao todo. Na oración feita debidamente, desfanse as penas como a neve ante o sol.

0 comentarios por + ORAR e AMAR +