Nova ILUMINACIÓN da BASÍLICA de PONTEVEDRA

Publicado por Miguel Castaño El 07 agosto 2009 0 comentarios
. . Esta nova iluminación ven despois do remate da restauración integral deste templo, e que unha vez finalizadas as obras do entorno convertirán este lugar nunha estampa imborrable para todos nós e para os visitantes. Vai ser toda unha viaxe espiritual, mesturando a beleza da pedra coa da luz ben deseñada.
. . Chega a inauguración nun momento importante para a nosa comunidade parroquial, coincidindo coas últimas xornadas do Xubileo. Con este aniversario milenario da parroquia, esta nova luz é coma se nos momentos de crisis, Santa María quixera brilar máis viva que nunca, coma un faro na escuridade.
. . Contemplemos a noite, percibamos o silencio acompañado polos matices da luz, e gocemos da paz que ofrece a cidade de Pontevedra, que non dorme senón que descansa.
D. Jaime,
párroco de la Real Basílica de Santa María
.

0 comentarios por Nova ILUMINACIÓN da BASÍLICA de PONTEVEDRA