Visita da imaxe da Nosa Señora de Guadalupe, de Rianxo, a Santa María

Publicado por Miguel Castaño El 23 julio 2009 0 comentarios
El pasado sábado Nuestra Señora de Guadalupe peregrinó a Pontevedra. Éstas fueron algunas de las palabras que D. Jaime, párroco de la Basílica de Santa María la Real de Pontevedra, dirigió a los peregrinos de Rianxo:
.
A Parroquia de Santa María ten un longo camiño de mil anos de historia. Unha Parroquia milenaria que está celebrando o Xubileo ata o 15 de Agosto, Festa de Nosa Señora, unha celebración aberta a todos -neste tempo de encontros festivos- na que a nosa comunidade quere sentirse acolledora e hospitalaria. (…)
.
Saúdo ao Párroco de Rianxo, Don Fernando, e a cantos acompañades como peregrinos á vosa querida Santiña, Nosa Señora a Virxe de Guadalupe. Damos a benvida a todos, e agradecemos a vosa peregrinación a Pontevedra acompañando á Nosa Señora.
.
Sodes peregrinos e queremos convidarvos a vivir o Xubileo como un momento de gratitude, de lembranza e de participación comunitaria, sentindo a presencia de Nosa Señora e o amor a Naiciña de todos. Ela é a principal colaboradora do Señor. Agora, pola Porta da Vida, entremos seguindo a imaxe de Nosa Señora de Guadalupe no Templo Xubilar...
.









0 comentarios por Visita da imaxe da Nosa Señora de Guadalupe, de Rianxo, a Santa María