AD3105: Pumar, campión !!!

Publicado por Javier de Montse CCaná El 04 junio 2008 0 comentarios
.
Un sacerdote novo, D. José Pumar Gándara (Buxán, 1931), membro do equipo de S. Xoán Bautista de Carballo, foi o gañador do 1º Certame Arquidiocesano UNHA DIOCESE QUE CAMIÑA: PRIORIDADES, convocado para sacerdotes, diáconos e seminaristas co gallo da nosa Asemblea Diocesana.


..
O relato de D. José emocionounos a todos. Sentimos moito que non estivese alí.
No nome do gañador, D. José García Gondar -Párroco de Carballo- deu lectura
ao traballo galardoado e recolleu o premio de mans do Sr. Arcebispo.


.
PENTECOSTE, HOXE

Despois de moitos anos naquela freguesía, finou o venerable párroco don Xosé. A parroquia sentíu unha profunda orfandade. Noutras parroquias veciñas, tamén estaban sen cura, desde que morrera ou que tiñan. Que vai ser de Reboredo, que non ten máis ca cincuenta familias, onde todos son vellos , a mocidade marchou, hai poucos nenos?.
Quen coidará a Igrexa, o Camposanto?. E a Casa Rectoral, irá caendo pouco a pouco?

Era o mediodía. Manuel pasaba, co seu caxato na man, por diante da Igrexa. Matinou para os seus adentros: "xa non tanxe a campá, ás Avemarías, nin siquera non solpor?... Canto teño eu tocado nestas campás! Xotas, valses, muiñeiras, teño tocado a morto, mesmo cando había lume non monte".
As bágoas de Manuel, vello sancristán, parecía que ían caer polas súas meixelas.

Nisto, bate con Antón, que baixa do monte, e ten que escoitar a tristura que levaba Manuel non seu corazón.
-Pois mira, Manuel, eu sei que na parroquia de Reboredo, que tampouco ten Cura, fan algo cada domingo, repican as campás, a xente reza, le o Evanxeo, canta, recibe a Comuñón. Veñen almas boas da vila de Castro, que estudaron co Cura de alí para faceren isto, que mesmo parece unha Misa, anque non o é. Xa o saben todos. Calquera día teremos aquí o mesmo.
-E hai Doutrina, fan os nenos a Primeira Comunión?,
inquire Manuel.
-Si, home, si. E dos rapaces que comulgaron o outro día, algún hai, disque, que quere ir para Cura.
-Veñen, logo, novos tempos? Endexamais tal pensei. Queira Deus que teñamos quen nos fale de Noso Señor, e non esquezamos aos nosos defuntiños.

Manuel volveu esperanzado para a súa casa. Na alborada do día seguinte, domingo, ao abrir a fiestra da súa alcoba, sentíu ou tanxido dás campaíñas da redonda. Agora, si, soltáronse as bágoas dous seus ollos. Tamén na súa querida freguesía de Reboredo, haberá, cada domingo, tanxido de campás, ou porque vén dicir a Misa o Cura don Andrés, ou porque veñen os cristiáns de Castro a celebrar, en Reboredo, o Día do Señor.

Pasaron os anos, Manuel non chegou a velo, pero aquel mociño que desde a súa Primeira Comunión pensou en ser sacerdote, agora é o Cura destas parroquias de aldea, humildes, pobres, nas que Paulo vai exercer. E levanta os ánimos dous seus paisanos: “Todos somos unha familia de cristiáns, todos temos o sacerdocio bautismal, todos temos que colaborar!”.
En Reboredo, agora tanxen as campás todos os días santos, hai catequese, xuntan esmolas para os pobres, teñen reunións pola semana preparando a celebración do Domingo.

Chega a Visita Pastoral. En Reboredo queren escoitar a Palabra do Pastor. Que bendiga o tellado que botaron na igrexa e os bancos novos.
Co corazón cheo de emoción, o Sr. Arcebispo dixo que así é, así xurdíu a Igrexa. Xa estaba anunciado polo profeta Xoel:
“Acontecerá naqueles días… espallarei o meu Espirito sobre os meus servidores e servidoras. Os vosos mozos terán visións e os vosos vellos terán soños".
.

0 comentarios por AD3105: Pumar, campión !!!