Unidos polo amor, convocados para compartir o gozo persoal e fondo que é o encontro con Cristo, reunímonos en Amio, Santiago, o 31 de maio, case tres mil persoas, en representación de moitas máis.
Os alí congregados puidemos constatar que a fe, sendo persoal, se afina, enriquece e madura no contraste e no compartir coa fe dos irmáns, os tamén chamados e sorprendidos polo Señor resucitado. Por iso en Amio, este pasado 31 de maio, cantamos a alegría da fe, compartimos os relatorios sobre o anuncio e testemuño do evanxeo nas familias, entre os inmigrantes, nos colexios e parroquias.
Na eucaristía o Señor, unha vez máis, abriunos os ollos e con el alí, no medio noso, comprobamos que facía de nós membros do seu Corpo e que nos destinaba a ser presenza a amor seu entre os nosos veciños, compañeiros de traballo e familia.
Non foi unha asemblea de entusiastas eufóricos nin de ilusos desaforados.
Estamos afeitos a facer revisións e avaliacións do labor pastoral nas parroquias e na diocese e frecuentemente as conclusións vólvensenos montañas xigantescas, metas non alcanzadas, tarefas imposibles. A asemblea de Amio deunos a ocasión de poñer aos pés do Señor os nosos contados pans e os nosos escuálidos peixes coa confianza certa, non defraudada, de que, se os vemos multiplicados, estaremos moi contentos de non ser máis ca uns “pobres servidores que só fixemos o que tiñamos que facer”. Pero tamén, como membros do seu Corpo, contamos cos seus ollos para ver a marabilla da súa múltiple e apracible presenza entre os pobres, os nenos, os maiores… Recoñecerémolo, daremos testemuño desa presenza, indicarenos a todos onde está, e o noso corazón rebordará cunha alegría que ninguén nola poderá quitar.

Andrés García Vilariño
0 comentarios por AD3105: A ALEGRÍA da FE COMPARTIDA
Publicar un comentario