Gran afluencia na presentación do libro “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad”

Publicado por Comunicación Pastoral de la Diócesis El 27 abril 2015 0 comentarios
O venres día 24 de abril mais de 120 persoas  participaron na presentación da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad” que tivo lugar na Aula de Teoloxía Manuel Guerra Campos da parroquia de Santa Uxía de Ribeira. Tratase dun libro conmemorativo dos 150 anos da consagración do templo parroquial no que se recolle ademais a historia documental da parroquia dende a súa primeira aparición no ano 1200 ata o século XX.

Ó longo das súas 240 páxinas analízanse os documentos, a ourivería, a imaxinería, os edificios, as tradicións, os persoeiros da igrexa local, as relacións da parroquia con outros colectivos e as actividades desenvolvidas nos seus aspectos sociais, caritativos, formativos e teolóxico.

Dez autores dende profesores da universidade, institutos, historiadores, xornalistas, teólogos e fregueses, traballaron de maneira altruísta nesta obra durante mais de dous anos , coordinados polo historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos. “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” leva una introdución do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio Barrio e un saúdo do párroco, Cesáreo Canabal Castro.

Ó longo do texto o lector descubrirá os documentos máis vellos nos que aparece a orixe do primeiro topónimo da parroquia no século XIII. A obra está impresa a toda cor en tapa dura e profusamente ilustrada con preto de 300 fotografías e reproducións de documentos, moitos deles cedidas polos fregueses. Os beneficios do libro serán destinados integramente a obras sociais da parroquia de Santa Uxía e pódese conseguir nas librarias da localidade que colaboran xenerosamente na súa venda. 

Coa edición deste libro complétanse os actos conmemorativos do aniversario do templo, que tivo o pasado 23 de novembro a inauguración do museo parroquial coa presenza do arcebispo de Santiago.  

FOTO: De esquerda  a dereita:  Cesáreo Canabal (Párroco) acompañado de parte dos autores Esther Del Castillo, Antón Luaces, Xosé María Fdez.Pazos(Coordinador de la obra) y Manuel Mirás secretario de Cáritas Ribeira.


0 comentarios por Gran afluencia na presentación do libro “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad”