. . A Eucaristía de Cristo que celebramos na Igrexa está vinculada co cumprimento da profecía anunciada no signo dos pans: o misterio da morte e resurrección de Cristo para reunir aos fillos de Deus dispersos. Isto fai da Eucaristía "memorial" e non só signo profético. Pero non se debe perder de vista que a Eucaristía é tamén signo profético: anuncia o ceo novo e a terra nova,
anuncia a reunión escatolóxica dos elixidos, anuncia a nova humanidade sen xemidos...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiVGGrIvrDy0-lKh3V82CK8PD0kwgZka5ZT8PlS7M00EX3Ti8fycX2wvo8zHpacOK7oqhGiEA-lXm3oeW7CqXplbBFdopK8JwBBtkfkLf_Wp3E4V9SPuCQ1QZvyPPFr1VPjpfORaBmPais/s320/JESUCRISTO+MULTIPLICACI%25C3%2593N+PANES+Y+PECES.jpg)
.
. . E todo iso o anuncia en tanto que desenvolvemento e urxencia histórica do que xa inclúe como inaugurado, como "feito" en Xesucristo, como entregado xa unha vez para sempre. Pois cantas veces comedes este pan e bebedes este cáliz, "proclamades a morte do Señor ata que el veña" (1Co 11, 26).
.
.
. . Toda realidade presente atopa o ritmo da súa transformación na Eucaristía. Traballar para que "poidan comer todos" é unha consecuencia directa que teñen que sacar os que "quedan satisfeitos" polo pan que Cristo lles dá. A Eucaristía urxe o alimento para os homes, ao mesmo tempo que anuncia o festín universal que os homes non podemos darnos. Traballar para que os homes que "van chegando" poidan non soamente "escoitar" a Xesús senón "sentarse para recibir o seu pan", é, ao mesmo que edificar a vida cristiá, edificar a Igrexa de Deus reunida polo Evanxeo e a Eucaristía.
.. . A Eucaristía no debe ser "utilizada" para outra cousa. Unha Eucaristía que non teña ao Señor como centro e motivo, presente na cabeceira da mesa e ao mesmo tempo presente como alimento, non é a Eucaristía da Igrexa.
0 comentarios por XVII DOMINGO do Tempo Ordinario
Publicar un comentario