. . . "Ninguén pode crer só, como ninguén pode vivir só. Ninguén se deu a fe a se mesmo, como ninguén se deu a vida a se mesmo. O crente recibiu a Fe doutro, debe trasmitila a outro" (Catecismo da Igrexa Católica)
.
. .. A Fe é, pois, un camiño a seguir, un modo de vivir que outras persoas nos transmiten dende a súa historia, facéndonos sentir peregrinos aquí na terra e desexar a patria celestial, e ábrenos á comprensión do mundo, do home e da nosa vida. Nela, a nosa existencia adquire sentido e finalidade, e acollemos a mensaxe cristiá como sentido para a nosa vida, ao tempo que afirmamos que o cristianismo é o noso camiño ao decidírmonos por este modo de ver o mundo e a realidade humana.
iMMenXa GraZa
0 comentarios por Transmitir a Fe, transmitir a Vida
Publicar un comentario