. . A Confirmación confire crecemento e profundidade á graza bautismal:
- Introdúcenos máis fondamente na filiación divina que nos fai dicir "Abbá, Pai" (Rm 8,15).
- Únenos máis firmemente a Cristo.
- Aumenta en nós os dons do Espírito Santo.
- Fai máis perfecto o noso vínculo coa Igrexa (cf LG 11).
- Concédenos unha forza especial do Espírito Santo para difundir e defender a fe mediante a palabra e as obras como verdadeiras testemuñas de Cristo, para confesar valentemente o nome de Cristo e para non sentir xamais vergoña da cruz (cf DS 1319; LG 11,12)
. . Lembra, pois, que recibiches o signo espiritual, o Espírito de sabedoría e intelixencia, o Espírito de consello e de fortaleza, o Espírito de coñecemento e de piedade, o Espírito de temor santo, e garda o que recibiches. (S. Ambrosio)
0 comentarios por + Os EFECTOS da CONFIRMACIÓN +
Publicar un comentario