DOMINGO II despois de NADAL

Publicado por Silvia RB El 04 enero 2009 0 comentarios

¡Feliz ano 2009! Xa está aquí e xa me ten a min entregado a enredar co evanxeo do domingo próximo. Son as nove e vinte do anoitecer e, aínda coa pregaria e a bendición da paz do día primeiro recén pronunciadas, o evanxeo do domingo anúnciame que xa resoa no silencio da medianoite do mundo unha palabra definitiva. Non é unha palabra totalmente inédita (sen parir), a humanidade está familiarizada con ela, pero hai nel tal rebumbio atordoante de fracaso humano e moral que esta é a Palabra que estamos esperando, a palabra necesaria, a que esclarece a verdade no medio da confusión. Deus soltou a súa Palabra e dominou os bruídos das fervenzas e dos mares. É coma unha trompeta solitaria e brillante na primeira hora da mañá, Palabra que vence o silencio dos medos e acala os bruídos violentos dos cobizosos.
A palabra é Xesús, carne humana estremecida en procura de corazóns acolledores e cálidos, Palabra definitiva e definidora. Agora, pronunciada xa esa Palabra, xa sabemos o que somos nós. Soamente aquel que a escoitou poderá pronunciar a Palabra. Atentos, Deus fala.
Andrés G. Vilariño

0 comentarios por DOMINGO II despois de NADAL